Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

Programación do mes de maio

Desde el 01 de abril de 2017 hasta el 30 de abril de 2017
Poñemos á vosa disposición as actividades programadas
 MAIO 2017 

Comezamos este mes adicado á Virxe María. Cada día queremos que sexa unha ofrenda á nosa naiciña
 
DÍA 1 SAN XOSÉ OBREIRO Comeza o més encomendado o mundo do traballo á protección de S. Xosé, esposo da Virxe María. Moitas son as dificultades que pasan os que viven nunha situación de precariedade laboral, pero tamén os que viven sen o traballo que lles impida desenrolar un progreso adecuado. Moitos son tamén os que se desprazar e buscan na emigración unha solución á súa situación. A todos eles os encomendamos. 
 
DIA 7 DÍA DA NAI  Non está de mais, neste mes de María, poñer en primeiro lugar da nosa pregaria agradecida ás nais. Unha misión e unha tarefa da que debemos sempre estarmos atentos a expresar cos mellores detalles a vida recibida delas, os coidados e as preocupacións e desvelos. Teremos un día especialmente dedicado ás nosas nais. 
 
DÍA 13. BENAVENTURADA VIRXE MARÍA DO ROSARIO DE FÁTIMA  Este ano celébrase o centenario das aparicións da Virxe María en Fátima, por iso, imos ter un programa especial dedicado a este acontecemento no Santuario da Franqueira 5,30 da tarde: Actividade para nenos: “Cometas de Oración” 6 da tarde: Celebración da Misa e Consagración ao Inmaculado Corazón de María Procesión co rezo do Santo Rosario ata o Outeiro Os nenos porán a voar cometas coas pregarias á Virxe María 
 
Exposición de Rosarios. Estarán expostos os rosarios que a Virxe da Franqueira ten como agasallo de tantos devotos que llos regalan 
 
Na Lamosa teremos a Misa en Honor da Virxe de Fátima o venres ás 7 da tarde e en Prado da Canda o domingo 14 ás 10 da mañá 
 
DÍA 14. XORNADA DE ORACIÓN POLAS VOCACIÓNS  Coa proposta de oración para este domingo temos a oportunidade de orar polas vocacións, unha das preocupacións actuais na nosas Igrexa e que temos que poñer todos o empeño en que os xoves, coñezan, amen e sigan a Cristo. Co lema “Empurrados polo Espírito. Aquí estou, envíame” estamos chamados a estimular nos máis novos a fe. 
 
 
DÍA 21. PASCUA DO ENFERMO  Co lema “Saúde para ti, saúde para a túa casa” celebramos este domingo dedicado especialmente aos enfermos. Na Franqueira terase unha celebración especial na Misa das 5 da tarde co sacramento da Unción dos enfermos. 
 
DÍA 27. NOVENA DAS PASCUILLAS  No sábado ás 6 da tarde dará comezo a novena na Honra da Benaventurada Virxe María da Fanqueira, unha vez máis peregrinamos ao Santuario da Nosa Señora a celebrarmos esta romaría tan fermosa e alegre que nos renova a todos 
 
DÍA 28. PREGÓN DAS PASCUILLAS  No domingo pola tarde, ás 6, finalizados os cultos teremos por primeira vez un pregón previo á Romaría. Estará a cargo de dona Marta Cendón, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e gran coñecedora da historia do antigo mosteiro da Franqueira. Vale a pena comezar estes días intensos volvendo a nosas ollada atrás e descubrirmos a riqueza de vida e de devoción que herdamos. 
 
CAPELAS DOMICILIARIAS  Neste mes daremos comezo ao uso desde o santuario das capelas domiciliarias da Franqueira e nas parroquias, retomando este ámbito de oración na casa que tan importante e necesario é para todos. 
 
2017. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego