Actividades del Santuario
HORARIOS DO MES DE SETEMBRO. A FRANQUEIRA 2026
Desde el 30 de agosto de 2026 hasta el 30 de septiembre de 2026
TES OS HORARIOS DE TODO O MES DEDICADO Á FRANQUEIRA
de luns a venres a Misa é ás 6 da tarde
as fins de semana segue pincha nesta noticia e tes todos os horarios
Todos estamos a comprobar os efectos da seca que afecta a moitas nacións do mundo. As autoridades deben tomar decisións ante a falta de auga, así como a responsabilidade de garantir este ben preciado para a subsistencia das persoas e do planeta. Hoxe, moitas persoas, co so xesto de abrir a billa teñen auga, pero descoñecen a súa orixe e os esforzos que supoñen o seu mantemento. Acudir a unha fonte e contemplar como mana a súa auga fai pensar na gratuidade e grandeza deste ben, don da vida e signo de limpeza e purificación. A creación amósanos o ciclo vital no que todo está en equilibrio e necesita conservar o seu orde.
Este ano imos centrar a Romaría da Franqueira no seu título antigo, Virxe da Fonte, para achegarnos ao significado espiritual da auga, así como a súa relación con María. O libro do peregrino, a estampa e os signos que estarán onda o altar nos axudarán a afondar na súa grandeza.
Toda o que recibimos na natureza fálanos do Creador, e fainos corresponsables na obra do seu amor. O beneficio económico, o desenrolo desordenado, o crecemento desorbitado, a carreira tecnolóxica, non poden ocultar nin impedir vivir en harmonía coa creación, coidala, e xerar unha alianza de vida que axude a todos a medrar dunha forma integral