Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Grupos: Catequese, Coro, Caritas, Biblia

Cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira

CASA MATER MISERICORDIAE

Neste nadal xa temos comezado a utilizar a Casa Mater Misericordiae, un fogar para a acollida, a escoita, atención dos que se achegan a solicitar os nosos servizos e as reunións do grupo de Cáritas interparroquial. Despois de darll eunha man de pintura e uns pequenos arranxos, aínda que queda moito por facer, xa é moi acolledora. Dispón na primeira planta de sa de espera, despacho e almacén. Desde que comezou a súa actividade estamos moi ilusionados cos noso proxectos. 
No baixo da casa está o salón que se utiliza para reunións, catequese e ensaio do coro.

VENTA DE MEL
Para lograr financiarnos no labor que realizamos estamos a vender un exquisito mel elaborado polas abellas da montaña. Grazas a D. Inocencio temos todas as garnatías de saúde necesarias para a súa comercialización. Un bo xeito de axudar en Cáritas.

CAMPAÑA DE NADAL
un éxito máis logrado grazas a colaboración de tantas persoas que colaboran connosco. Unha boa partida de alimentos que doaron os fieis das parroquias para facer a entrega deste Nadal ás 24 familias da comarca coas que estamos a traballar.
Temos tamén que agradecer a doazón de bacalao realizada pola empresa Outón. Moitas grazas.

ATENCIÓN PERSOAL
Un dos traballos que se realizan son as entrevistas aos beneficiarios da nosa cáritas. Entrevistándoos persoalmente, coa presenza profesional da traballadora social de Ca´rias Diocesana Silvia, logramos encauzar moito mellor o coñecemento das problemáticas, e, saber como acompañar na saída ás súas sitiacións.

NOVAS IDEAS.
Iremos fraguando un plan de acción para este ano xubilar da Misericordia de xeito que fagamos máis persente, a través das obras da misericordia, o amor entrañable do noso Deus.




CARITAS INTERPARROQUIAL NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA

Desde hai uns anos vimos de facer un labor de axuda a familias en dificutades que existen na comarca. A necesidade de organización levou a fundar esta cáritas interparroquial. Ne4ste momento unha dúcia de voluntarias configuran o equipo que se atopa en formación, pero que xa a está arealizar o seu labor. A formación corre a cargo da animaciónd o voluntariado de Cáritas Diocesana e que nos estamos areunir quincenalmente os lusn ás 9,30 da mañá. Pouco a pouco estamos a recibir a formación necesaria para que Caritas sexa unha relidade.
O labor neste momento restrínsexe á axuda mensual a 15 familias da contorna qu necesitan a nosa axuda en alimentos para poder superar os atrncos do mes.
Necesitamos facer un local de acollida, un almacén para alimentos, local para as actividades que van xurdindo, agora mesmo en ideas, pero que esperamos, non moi lonxe, sexan realidade

A colaboraciòn é moi necesaria e moi importante.

CARITAS INTERPARROQUIAL
Reunión quincenal venres ás 7 da tarde
Formación: quincenal, luns ás 9,30 da mañá.

PROGRAMACIÓN 2014-15

CARIDADE

Cada cristián e cada comunidade están chamados a ser instrumentos de Deus para a liberación e promoción dos pobres” EG 187

 

Actividades

 

ENFERMOS E MAIORES

Todos os cristiáns estamos chamados a coidar ós máis fráxiles da terra” EG 209

 

Visita mensual ós enfermos e ás residencias de anciáns e hospitais.

Día do enfermo: na campaña mundial e no domingo anterior ó 8 de setembro

Encontros Betania para enfermos

Contacto co servicio de atención no loito e na enfermidade dos Camilos (Madrid)

Animar a colaboración coa Peregrinación a Lourdes que organiza a Hospitalidade Diocesana. 




Campaña de recollida de alimentos no Cash Record de Pontereas


 


 

Os vindeiros venres e sábado, 9 e 10 de maio, "Cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira" organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no Cash Record de Ponterareas, situado na estrada de Ribadetea.

Desde hai uns anos, un grupo de voluntarias ven de distribuir a algunhas familias da comarca, axudas puntuais de alimentos. Debido ó impacto que está a ter a crise na comarca da Paradanta, neste curso, e según o Plan Pastoral da Diocese, o Santuario da Franqueira, xunto coas parroquias de Prado da Canda e A Lamosa, veñen de formar un grupo de Cáritas interparroquial. Case unha ducia de amas de casa, entusastas e con desexo de traballar polos que máis necesitan, están a recibir a formación necesaria para constituir este organismo. Así, cada quince días, veñen os responsables de formación do voluntariado de Cáritas diocesana a impartir os temas. Próximamente contarán coa presenza dunha traballadora social.

Ó mesmo tempo están xa a realizar os traballos propios desta institución da Igrexa. Así faise unha distribución de alimentos a 12 fogares da comarca, conscientes de que posiblemente, vaia en aumento a demanda. Cada mes a distribución dos alimentos faise co que se recibe da xenerosidade dos fieis e a colaboración tres veces ó ano da Cruz vermella.


 

Feita a solicitude a Cash Record, recibiuse o apoio inmediato e a súa colaboración. Todo son facilidades para que poidamos levar este proxecto a bo porto. Durante os días, venres e sábado, estarán por turnos as voluntarias, en horario de 9 a 13,30 e de 16,00 a 20,30.


 

Os alimentos que se reciben son imperecedeiros, como, Leite, azúcar, aceite, fariña, conservas, pastas, galletas, cacao...


 

Nesta acción tamén se coordinaron con Cáritas Ponteareas, e para no futuro, afianzar a colaboración entre os distintos grupos da zona.


 

O grupo de cáritas interparroquia, Nosa Señora da Franqueira, con sede no Santuario do mesmo nome, pretende levar adiante moitos máis proxectos: sala de acollida, almacén, e outros espazos para actividades que están xa a programar. A colaboración de todos é moi importante e a pretensión é a de acompañas ás familias que están en perigo de pobreza da comarca.


 

BO ÉXITO DA CAMPAÑA DE CARITAS

Éxito é o calificativo da recollida de alimentos realizada na find e semana pasada no Cahs Record de Ponteareas. Cun total de 470 kilos de alimentos e 10 en productos variados podemos satisfacer a demanada de axudas a familias da comarca da Paradanta que estamos a atender. Moitas grazas a todos.



 

GALERÍA FOTOGRÁFICA: Casa Mater Misericordiae

Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
ca
Casa Mater Misericordiae
Casa Mater Misericordiae
2017. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego