Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

CAMIÑOS DA FRANQUEIRA

CAMIÑOS DA FRANQUEIRA

Esta nova sección quere ser resposta, a moi longo prazo, dunha inquedanza dos responsables do Santuario e das necesidades dos peregrinos, que é a de sinalar e dar senso ós camiños polos que milleiros de romeiros acuden ata a Franqueira. Por iso, o prantexamento é o seguinte:
1.- Non so o de sinalar, agora de forma sinxela con pintura azul, os camiños antigos evitando o uso das estradas, senón que adquiran tamñen un senso espiritual.
2.- Facer dos camiños unhas rutas de peregrinación, para que cando teñamos elaborados os materiais, poder ser utilizados polos peregrinos.
3.- Asemade dos nomes recoñecidos pola historia e pola situación xeográfica, usar nomes en función do patronazgo das parroquias e dalgunha simboloxía que nos axude a afondar no camiño cristiá.
4.- POr agora so están marcados o camiño desde  A Franqueira ata o Coto da Vella e o de Vilasobroso a Franqueira, con dúas alternativas nun momento determinado.
5.- Os materiais que podes descargar nesta sección son sinxelas descripción dos camiños despois de térmolos feito e sinalizado, como dixemos de forma moi sinxela.
6.- esparamos que sexa un servicio aproveitable e ben acollido polos peregrinos.
7.- Pedimos disculpas polas deficiencias que se poidan atopar no camiño, respecto ña sinalización, que esperamos se poidan subsanar.

Moitas grazas

Aquí tes o material ó que se pode acceder


CAMIÑOS DA FRANQUEIRA

1.- VISITA DA VILA E SUBIDA Ó COTO DA VELLA
Percorre algúns lugares da antiga Vila da Franqueira e ascende ata a Cruz, subindo polo camiño do Vía Crucis, e chega ó Coto da Vella. Psamos neste camiño dos 600 metros sobre o nivel do mar ata os case 1000. O traxecto de ida pode ser sobre case dúas horas, dependendo da climatoloxía.

archivos_Visita Vila e subida Coto da Vella.pdf



2.- CAMIÑO DE VILASOBROSO Á FRANQUEIRA
Este camiño en gran parte é polo que ascenden en peregrinación na Romaría das Pascuillas as parroquias de Mondariz- Balneario, Pías, Vilasobroso, Cumiar e Mouriscados. Na Romaría de setembro é o camiño dos peregrinos que veñen de  Porriño e vigo por Ponteareas ou da zona de Vigo e que veñen por Mondariz. Son 16 km. con un tempo paroximado de 3 horas e media. Se se escolle unha rutra alternativa despois de Mouriscados, por Parada da Franqueira, aumenta en 3 Km, o que supón algo máis de media hora a engadir ó traxecto total.

archivos_Vilasobroso Franqueira.pdf

3.- CAMIÑO DE PARAÑOS A FRANQUEIRA
Este camiño, que chamaremos da esperanza, é corto pero moi intenso, son uns catro km costa arriba e cunhas pendentes bastante pronunciadas. É moi fermoso e cunha paixase moi agradable. ánimo. 

archivos_editor/file/3º camiño de Paraños á Franqueira.pdf








PEQUENA VISITA GUIADA POLO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
Este é un pequeno servicio para coñecer mellor a historia do Santuario da Franqueira, explica a orixe e fai unha descripción sobre o que se pode contemplar dentro e fora do templo, sobre todo, a portada románica e a imaxe da Nosa Señora.

archivos_editor/file/Gu%C3%ADa%20Santuario%20da%20Franqueira.pdf


MAPA DA FRANQUEIRA E SINALIZACIÓN DOS LUGARES QUE SE PODEN VISITAR
Permite situar mellor cada un dos lugares máis coñecidos da Franqueira, e outros non tan coñecidos, e desta forma poder pasar unha fermosa xornada de paseo e de oración non so no Santuario, senón tamén, no seu entorno.

archivos_mapa franqueira.pdf

CAMIÑOS DA FRANQUEIRA
Os dous camiños que agora incluímos neste apartados están marcados e organizados desde hai máis de 10 anos. Foi unha iniciativa turística dos concellos de A Cañiza e As Neves. O Camiño da Raíña comeza en Oroso e pódese facer en tres tramos, pois é bastante extenso. O seu nome lembra a ruta de Castela que seguía a Raíña Dona Uraca cando viña visitar as súas posesións. Os camiño dos frades que comeza en Vide ven por Ribarteme e lembra a ruta que se segundo unha tradición fixo a Raíña Santa Isabel de Portugal.

CAMIÑO DA RAÍÑA

archivos_editor/file/Cami%C3%B1o%20da%20Ra%C3%AD%C3%B1a.pdf



CAMIÑO DOS FRADES


archivos_editor/file/o%20cami%C3%B1o%20dos%20frades.pdf


GALERÍA FOTOGRÁFICA: Paisajes de A Franqueira

Paisajes de A Franqueira 01
Paisajes de A Franqueira 02
Paisajes de A Franqueira 03
Paisajes de A Franqueira 04
Paisajes de A Franqueira 05
Paisajes de A Franqueira 06
Paisajes de A Franqueira 07
Paisajes de A Franqueira 08
Paisajes de A Franqueira 09
Paisajes de A Franqueira 10

GALERÍA FOTOGRÁFICA: Nevada de xaneiro 2013

A Franqueira esperta baixo un manto branco
Todo branco. A Graza de Deus todo o cubre
Debaixo do teu amparo acollémonos Nosa Naiciña. Así como a neve o cubriu todo, protèxenos María co teu amor
No fogar atopas o calor do amor e Deus que nos trae María
Atopar refuxio e descanso cando chega a noite
2017. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego