Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

Magníficat. Exposición dos 50 anos da Coroación da Virxe da Franqueira en Vigo

Desde el 27 de septiembre de 2013 hasta el 27 de octubre de 2013
Desde o 27 de setembro ata o 27 de outubro, permenece aberta na Casa das artes de Vigo a exposición \"Magmíficat\", organizada polo santuario da Franqueira con motivo do Xubileo que se celebra conmemorando os 50 anos da Coroación canónica da Imaxe da Nosa Señora
Grazas ó traballo intenso e sempre agradecido dos comisarios, D. Santiago Vega López e D. Andrés Fuertes Palomera, e a colaboración de institucions e persoas amantes da Nosa Señora, a exposición adicada á Virxe da Franqueira abriu as súas portas. Vale a pena achegarse á Casa das Artes de Vigo e contemplar en tres espazos diferenciados, a historia, tradición, devoción e actualidade dunha das advocacións maranas máis anigas de Galicia. Alí presentánse obras en pedra, madeira, orfebrería, nordados, pintura, fotografía, etc que sorprenden ó visitante. Animamos a todos a visitala e gozar desta marabilla. Asemade, poden adquirir o catálogo, que amosa cada unha das obras expostas e facilita o coñecemento máis profundo deste santuario. Nel escriben, ademáis dos comisarios, Doña Marta Cendón e Don Domingo Luis González Lopo, profesores da Universidade de Santiago de Compostela, e D. José Diéguez Dieppa, Deán da catedral e profesor de liturxia, presentan a historia e devoción desta advociación singular que é o foco mariano por excelencia da nosa Diocese.
Ó mercar o catálogo, que custa 20 €, colaboran na financiación dos gastos que supón esta gran exposición e axudan a que non supoñan un gravamen na economía do Santuario. Ademáis queda para ter nos nosos fogares e para a nosa lectura un dos mellores e máis fermosos libros que se editaron sobre a Virxe da Franqueira.
O horario de visita da Casa das artes, que está na rúa Policarpo Sanz, ó carón do Antigo teatro Gracía Barbón é o seguinte:

De luns a venres de 18 e 21 h.
Os sábados de 12 a 14 h e de 18 a 21 h.
Domingos e festivos de 12 a 14 h.

Podes descargar o tríptico explicativo co que xa se fai un a idea da exposición e ó chegar pode seguila con maior comodidade.

   /MAGNIFICAT-triptico.pdf


Elaza coa galería de imaxes da exposición


http://www.diocesetuivigo.org/informacion/noticias/ano%202013/outubro%2013/fotos%20manificat.html


Este vídeo é un bo resumo da exposición, saiu nun programa cultural da TVG


http://www.crtvg.es/informativos/a-casa-das-artes-en-vigo-acolle-a-exposicion-magnificat-674904



2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego