Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

Mes de outubro, Mes do Rosario

Desde el 07 de octubre de 2014 hasta el 25 de octubre de 2014
Durante o mes de outubro celébrase o mes do Rosario. este ano lembramos as dúas actividades a celebrar
 Outubro, mes do Rosario
Descargar programa do mes 

archivos_editor/file/outubro 2014.pdf




Comeza este mes, xa metidos no outono, coa festividade da Nosa Señora do Rosario, e que lle da a todo o mes un carácter oracional e contemplativo, propio desta oración á Virxe María. Son varias a iniciativas de celebración neste mes.

Nosa Señora do Rosario en Prado da Canda (4 e 5 de outubro)

A primeira fin de semana deste mes son as festa na parroquia de Prado da Canda na que se honra esta venerable imaxe da Virxe do Rosario. O sábado 4, ás 6 da tarde, teremos o último día da Novena coa oración do Santo Rosario e a Misa Solemne. Finalizada a Celebración saímos en procesión onde os xoves da parroquia realizan a danza na honra da Nosa Señora. Os cultos solemnes serán tamén o domingo ás 12 da mañá coa procesión e a danza. Nestes días venérase o relicario que contén as astillas da enciñeira das aparicións de Fátima e os caixóns dos beatos Francisco e Xacinta.
O martes 7 ás 12 da mañá celebraremos tamén unha Misa solemne.

Rezo do Rosario (7 de outubro)

No día propio da festividade da Nosa Señora do Rosario teremos celebración nas tres parroquias. O horario é o seguinte:
Prado da Canda: 11,30 rezo do Rosario e a Misa solemne ás 12 da mañá
A Lamosa: 4,30 da tarde, rezo do Rosario e Misa en Honor da Virxe
A Franqueira: 6 da tarde, rezo do Rosario e Misa en Honor da Virxe

Rezaremos pola paz no mundo

Peregrinación do Rosario ( 25 de outubro)

No último sábado deste mes celebramos a XII peregrinación do Rosario desde a parroquia da Lamosa ata o Santuario da Franqueira. Saímos, como é costume ás 4 da tarde. Este ano rezaremos pola “conversión pastoral e misioneira” como nos pide o Papa Francisco e plan diocesano de pastoral. Na chegada ó santuario celebramos a Eucaristía e teremos un autocar para baixar de novo á Lamosa.
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego