PROGRAMACION DO MES DE DECEMBRO
Desde el 01 de diciembre de 2014 hasta el 31 de diciembre de 2014
podes acceder ás actividades e celebracións do mes de decembro
a modo de recordatorio aquí tes as celebracións e actividades deste mes de decembro no santuario da Franqueira. Sempre con posibilidade de ser ampliados
DECEMBRO 2014
ADVENTO: FACER CAMIÑO
Este mes de decembro métenos de cheo na celebración do Advento, tempo de preparación para o Nadal. Son catro domingos intensos nos que imos escoitar a voz des profetas, especialmente a Xoan Bautista, a que preparemos os camiños do Señor. Que é un camiño?, un lugar de paso. Pero para facelo, temos que deseñalo, saber onde queremos chegar, superar as barreiras e explanar as fochancas. Isto é o Advento. Catro domingos, nos que, a escoita da Palabra, a oración e a vida da caridade, nos unirán máis ó señor que ven onda nós na pobreza de Belén.
CAMPAÑA DE NADAL
Animamos a todos a participar nesta actividade propia deste tempo, pero sobre todo, propia da nosa vida cristiá. Durante este mes recolleremos na igrexa alimentos imperecedeiros: aceite, leite, azucre, conservas, pasta, arroz, lentellas, garbanzos... postres de Nadal... xoguetes para nenos.
Tamén podedes participar comprando unha rifa, por so 0,50€, para unha cesta do nadal, e que axudará a recadar fondos para Cáritas.
O DISCO SOLIDARIO
Lembramos que a compra do disco “Gaude, María Virgo”, axuda a financiar as obras de caridade do grupo de cáritas interparroquial. Por so 9€ facemos un bo labor e podemos facer un mellor agasallo de reis.
CALENDARIO PARA O MES DE DECEMBRO.
1. Dedicación da Santa Igrexa Catedral de Tui
Este é unha festividade particular da nosa diocese, lembramos a consagración do templo máis importante da nosa Igrexa, a Catedral de Tui. A Igrexa nai onde todos estamos chamados a ver un símbolo da nosa comuñón da familia dos crentes, que como os nosos fogares, nos acollen, nos coidan, nos agariman e nos dan ánimo. Así, a Igrexa, coas portas abertas para acoller ós seus fillos nos axuda a comprender un pouquiño máis o que é ser familia dos fillos de Deus.
4: Santa Bárbara.
Unha santa mártir a quen encomendamos a nosa protección nas tormentas. Creo que non so as da natureza, senón tamén, as do noso interior. ¡Cantas veces nos sentimos turbados na nosa alma!. Pidamos a Santa Bárbara que nos axude a ter o corazón luminoso e cheo de vida.
Os horarios son os seguintes:
A lamosa: 1 da mañá
Prado da canda: 11 da mañá
A Franqueira: 6 da tarde
8: A Inmaculada Concepción da Virxe María
É unha das celebracións máis entrañables do calendario da Virxe María. Celebramos a súa Concepción, na que Deus, preservouna de toda mancha de pecado, para comezar a súa obra marabillosa da Salvación.
Neste día os horarios son os seguintes
Prado da Canda: 10 da mañá
A Lamosa: 11 da mañá
A Franqueira: 12 da mañá e 5 da tarde
Como é costume este día celebramos a convivencia dos peregrinos que durante este últimos anos temos ido ao Santuario de Lourdes. Así, despois da Misa das 12, teremos o xantar no restaurante O Castelo, previa inscripción. Este ano, ademías, temso algunhas sorpresas.
13: Santa Lucía.
Pidamos a esta xove mártir, tan venerada, que nos abra os ollos do corazón para ver coa luz da fe a presencia do Señor.
Teremos as celebracións ás seguintes horas
A Lamosa: 10 da mañá
Prado da Canda: 11 da mañá
A Franqueira: 6 da tarde
20: PEREGRINACIÓN DA ESPERANZA
Desde hai unhas semanas o grupo de catequistas ven de preparar esta peregrinación pensada especialmente para a xente máis nova. Durante este curso teremos en distintas datas, 4 peregrinacións en concreto, que axudarán a coñecer distintos aspectos da vida cristiá.
A primeira destas peregrinacións será en pleno advento, o sábado 20 de decembro, desde Paraños ata A Franqueira. A patroa da parroquia de Paraños é a Virxe da esperanza, e estado en pleno advento queremos adentrarnos nesta virtude.
Nos reuniremos na igrexa de Paraños ás 3 da tarde para subirmos camiñando ata a Franqueira.
21: Bendición das imaxes do Neno Xesús
O domingo 21, último domingo de advento teremos a bendición das imaxes do neno Xesús que colocaremos nas nosas casas nas próximas festas do Nadal. É o xeito de facer persente a festa familiar na parroquia e a parroquia nas nosas familias.
25: NADAL
So desexarvos a todos un Bo Nadal e que, como os pastores, saiamos ás carreiras á busca do Neno que nace na cova, signo da pobreza na que deus se fai presente.
28: Sagrada Familia
Que boa oportunidade nestas festas tan familiares de renovar o s compromisos matrimoniais e familiares. Acompañados pola Sagrada Familia de Nazaret podemos facer das familias da nosa parroquia igrexas domésticas, onde, fundamentados no amor, se escoite a Palabra, se transmita a fe, se viva a caridade e se predique o Evanxeo da vida.