Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

PROGRAMACION DO MES DE FEBREIRO

Desde el 01 de febrero de 2015 hasta el 28 de febrero de 2015
Podes acceder á programación do mes de febreiro, celebracións , actividades, para estar ben informado e animarte a participar.
FEBREIRO 2015

PRESENTACIÓN DO SEÑOR (2)

Os Horarios das celebracións da Eucaristía coa bendición das candelas serán:
4 da tarde na Lamosa. 5 da tarde en Prado da Canda. 6 da tarde na Franqueira

SAN BRAIS (3)
Celebramos neste día ó bispo e mártir Brais protector contra os males de garganta. Reunirémonos
para a celebración coa bendición do pan
4 da tarde na Lamosa 5 da tarde en Prado da Canda, na que finalizada a Misa teremos a procesión. 6 da
tarde na Franqueira.

PRESENTACIÓN DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA (8)
A celebración será o domingo 8 ás 5 da tarde. Teremos a oportunidade de rezar xuntos pais e fillos,
avós e netos, en boa harmonía familiar.

CAMPAÑA CONTRA A FAME (8)
No mesmo domingo celébrase a campaña contra a fame da organización Mans unidas. Este ano co
lema “Loitamos contra a pobreza. Apúntaste?” Como ben sabedes o venres anterior ten lugar o día do
xexún voluntario para que tamén nós pasemos fame polos que pasan fame.
NOSA SEÑORA DE LOURDES. XORNADA DOS ENFERMOS (11)
Neste día celébrase tamén a Xornada Mundial do enfermo. Teremos a Misa ás 6 da tarde no
Santuario da Franqueira dedicado especialmente ós enfermos coa veneración do fragmento da rocha da
gruta das aparicións.
CEA DE MATRIMONIOS E NOIVOS (14)
Este ano, o día de S. Valentín, aínda que coincide co entroido, imos ter unha nova experiencia:
unha cea de matrimonios e noivos. Será o sábado 14 de febreiro. Comezaremos reuníndonos na
Franqueira ás 8 da tarde, teremos na igrexa un rato de oración e comunicacións. As 9,30 da noite nos
reuniremos no restaurante O Castelo de Vilasobroso. Estará preparada unha cea especial. O prezo é de 17
€ por persoa. Teremos tamén xogos, agasallos, sorpresas e baile. Estades todos invitados. Animádevos.

PEREGRINACIÓN DA FE. VILASOBROSO- A FRANQUEIRA (16)
Seguimos coas peregrinacións para xóvenes que comezamos no Advento. Nesta ocasión a que está
programada é a Peregrinación da fe. Sairemos de Vilasobroso, Capela de Santa Lucía, o luns 16 de
febreiro, luns de entroido, pola mañá. Pasaremos o día xuntos, traede o xantar, un bocata e bebida. Vale a
pena pois é un día de convivencia e reflexión, xogo e diversión, da tempo a todo.

CORESMA. MÉRCORES DE CINSA (18)
O mércores 18 dará comezo o tempo coresmal. Iniciamos o camiño cara a Pascua. Lembremos o
obxectivo segundo da programación pastoral “Promover unha verdadeira renovación persoal e
comunitaria, que nace do encontro con Xesucristo e culmina nunha vida cristiá auténtica e nunha Igrexa
máis sinxela, alegre e fraterna. Faremos o posible para que esta coresma nos axude a lograr este
obxectivo.

GRUPOS
CORO DO SANTUARIO: Todos os martes ás 7 da tarde, ensaio.
CÁRITAS INTERPARROQUIAL: 2 de febreiro ás 9,30 da mañá, formación e
GRUPO DE BIBLIA: Sábado 7 ás 7 da tarde. Tema: o evanxeo de san Marcos


 XANEIRO 2015

 

ANINOVO

Iniciamos este novo ano pedindo a paz

A Franqueira: 11 da mañá e 5 da tarde.

Neste día, polo vínculo coa basílica de Santa María a Maior, concédese Indulxencia Plenaria conforme ás disposicións da Igrexa

A Lamosa: 12 da mañá

Prado da Canda: 1 da tarde

 

3 de xaneiro: CONVIVENCIA PARROQUIAL

Dentro das festividades do Nadal teremos unha convivencia os distintos grupos parroquiais: equipo de catequese, o coro do santuario, o grupo de cáritas interparroquial e o grupo de Biblia. Necesitamos encontrarnos, convivir e renovar, na alegría do Nadal, o impulso misioneiro.

 

EPIFANÍA

A Franqueira: 11 da mañá e 5 da tarde

A Lamosa: 12 da mañá

Prado da Canda: 1 da tarde

 

CERCOS DE SAN SEBASTIÁN

En Prado da Canda será a tarde do sábado 17, tendo a celebración da Eucaristía e posteriormente subiremos ata a cruz que coroa o lugar desde onde impartiranse as bendicións.

Na Franqueira, será o sábado 24 ás 10 da mañá a celebración da Misa de Acción de grazas e petición, saíndo posteriormente a procesión para impartir as bendicións nos lugares de costume.

 

10 de xaneiro: Reunión do grupo de Biblia

Ás 7 da tarde, como cada mes, nos reunimos para a lectura crente e o estudio da Sagrada Escritura. Animamos ós que queiran incorporarse neste grupo de estudo dicirlles que vale a pena.

 

 

12 de xaneiro: reunión de cáritas

Seguimos no labor de formación e traballo na cáritas interparroquial. Agradecer a todos os que nestas semanas pasadas fixeron as súas doazóns para lograr aliviar un pouco máis as necesidades de moitas familias da comarca. Moitas grazas a todos e seguiremos traballando para dar máis esperanza a todos.

 

18-25: Oración pola unidade dos cristiáns

Teremos a oportunidade de dedicar estes días do octavario a pedirlle ó Señor que nos conceda a unidade necesaria para sermos testemuñas ante o mundo da fe recibida.

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego