Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

SEMANA SANTA

Desde el 29 de marzo de 2015 hasta el 05 de abril de 2015
Consulta os horarios das celebracións de Semana Santa no Santuario da Nosa Señora da Franqueira. O Señor convídanos a renovar a nosa vida crucificados con Cristo para resucitar con El
 SEMANA SANTA 2015

Santa María da Franqueira

 

Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ó pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus. Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero vivos para Deus en Cristo Xesús. (Romanos 6,8-11)

 

29 de marzo. Domingo de Ramos na Paixón do Señor

11 da mañá: Bendición dos Ramos, Procesión e Celebración da Misa.

Ás 5 da tarde : Misa vespertina do domingo e exposición do Santísimo

 

1 de abril. Mércores Santo

6 da tarde. Celebración da Eucaristía

 

2 de abril. XOVES SANTO .

7,30 da tarde. Misa vespertina da Cea do Señor.

A continuación”Hora Santa” de Adoración ó Señor.

 

 

3 de abril. VENRES SANTO .

6 da tarde. Oficios Solemnes da morte do Señor.

Procesión da Virxe das Dores

9 da noite Vía Crucis interparroquial desde a Fonte da Prata ata o Santuario da Franqueira. Cada persoa leva unha cruz das súas casas.

 

4 de abril

Sábado Santo da Sepultura do Señor .

9 da mañá: Laudes

 

RESURRECCIÓN DO SEÑOR

9,30 da noite.

Solemne Celebración da Vixilia Pascual

 

5 de abril. DOMINGO DE PASCUA.

MISA DE PASCUA: 11 DA MAÑÁ E 5 DA TARDE

 

Visita da Cruz e bendición das casas

Mércores 8 no Barrio da Franqueira de 10 a 11 da mañá

Xoves 9 nos Barrios de Cebreiro a partir das 10 da mañá e Parada da 1 da tarde

As familias que desexen recibir a Cruz e a bendición deben avisalo

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego