Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

VI PEREGRINACION A LOURDES EN OUTUBRO

Desde el 11 de octubre de 2015 hasta el 16 de octubre de 2015

No mes de outubro teremos a Peregrinación ao Santuario da Nosa Señora de Lourdes en Francia. Iremos poñendo os detalles desta viaxe peregrinación



Co lema "Lourdes, a ledicia da Misión", o vindeiro mes de outubro teremos a VI Peregrinación a Lourdes desde A Franqueira. Este ano intentaremos visitar distintas localidades cargadas de historia e de vida: Astorga, Frómista, en Palencia, onde naceu o patrono da nosa diocese San Temo, San Sebastián e Vitoria, Pamplona e Jaca. No santuario de Lourdes estaremos varios días para participar das diversas celebracións: visita á Gruta das aparicións e Misa, Misa Internacional na Basílica de San Pio X, Vía Crucis, Visita ás piscinas, Visita ás  basílicas do Santuario, Visita pola cidade aos lugares da vida de Santa Bernardiña, Procesión do Santísimo e bendición dos enfermos, Procesión das Antorchas co rezo do santo Rosario, e outras moitas sorpresas para coñecer a mensaxe da Virxe maría en lourdes e a Misión á que nos envía o Señor a través de Bernardiña Soubirous.

O precio por persoa en Habitación dobre será de 370 €.
O prezo inclúe autocar, alñoxamento en hoteis de tres estrelas, Pensión compreta co almorzo, xantar e cea, visitas no itinerario, guía e seguro de viaxe.

A inscripción será na sacristía do Santuario, ou chamando ao teléfono 986697968/ 609472591, ou enviando unha mensaxe a info@afranqueira.org 

Podes descargar con máIS detalle o plan de viaxe e as condicións

archivos_editor/file/CARTEL FRANQUEIRA - Lourdes 2015.pdf



archivos_editor/file/Viaje a Lourdes (A Franqueira) Acturalizadao 28 Julio.doc


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego