EdV I Escola de Verán Nosa Señora da Franqueira
A EdV é unha alternativa de encontro en torno á Nosa Señora da Franqueira, convidando aos participantes á oración, a formación, a convivencia e ao diálogo. Un xeito distinto de pasar as tardes dos sábados co testemuño de persoas que nos axuden a descubrir temas de actualidade eclesial cunha pedagoxía dinámica e activa.
O horario de cada encontro é o seguinte: 6 da tarde: Celebración da Misa vespertina, 7 da tarde: Conferencia e coloquio sobre un tema, Merenda
25 DE XUÑO
Tema: As obras de misericordia
Poñente: Sor María Fernanda García, Filla da Caridade de S. Vicente, educadora do Centro de menores
do Fogar S. Xosé de Vigo e do comedor da Esperanza.
2 DE XULLO
Tema: A Misericordia na Biblia.
Poñente: D. Xosé Uxío Nerga Menduiña, Párroco de Ponteareas, Vigairo do Clero e profesor de Sda Escritura
23 DE XULLO
Tema: Ser cristián no mundo de hoxe. A misión
Poñente: Joao e Carla, Matrimonio misioneiro en Vigo pertencentes as Comunidades Neocatecumenais
30 DE XULLO
Tema: O coidado da terra. A alternativa do Papa Francisco
Poñente: Jaime Barrecheguren Beltrán. Laico, Delegado de Acción Caritativa e Social da Diocese de Tui-Vigo
13 DE AGOSTO
Tema: Amoris laetitia, a exhortación sobre a familia do Papa Francisco
Poñente: Equipo Vigo 64 do Movemento de Equipos de Matrimonios de Nosa Señora de Vigo
20 DE AGOSTO
Tema: Quero ser cristián.
Poñente: Felip-Juli Rodríguez Piñel, párroco de Santa Eulalia Vilapicina de Barcelona,
Delegado para o catecumenado da Diocese de Barcelona
27 DE AGOSTO
Tema: As portas do novo curso. A Educación un reto para o futuro
Poñente: Segundo Cousido, Salesiano, Coordinador de pastoral do Colexio María Auxiliadora de Vigo
e director do Centro Xuvenil Abertal