Noticias del Santuario
Dia da Igrexa Diocesana
Domingo, 13 de noviembre de 2016
Este vindeiro domingo celebramos o día da Igrexa diocesana
Entra nos enlaces das diversas infomacións
A nosa diocese de Tui -Vigo comprende o sur da provincia de Pontevedra. Coa dobre capitalidade amosa a historia secular da cidade de Tui, onde está a Catedral e a puxante e industrial cidade de Vigo, onde está a súa Concatedral. Unha Diocese cativa en extensión pero bastante poboada. Unha realidade urbán e rural, con vilas que son cabezas de comarca e parroquias pequenas que conservan a súa identidade. Con mar como fonte de recursos, coa industria e o turismo, coa universidade e os servizos. Todo o que cada cristián ve no día a día.
Nesta realidade é na que está construida a nosa comunidade, unha gran familia de crentes, que intentamos deixarnos facer polo amor misericordioso.
O Santuario da Nosa Señora da Franqueira é tamén un lugar significativo para os crentes da nosa Diocese, por iso, desde aquí, convidamos a coñecer un pouco máis a nosa realidade.
Entra na páxina web w coñécenos.
Neste enlace tes diversos aspectos desta xornada
diocesetuivigo.org/informacion/noticias/ano%202016/novembro%2016/dia%20da%20igrexa%20diocesana.html
Na Conferencia Episcopal Española tamén tes información de como facer un donativo á túa parroquia a través de internet
www.donoamiiglesia.es/es#church