Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

ENTREGA DA LUZ DA PAZ DE BELÉN AS FAMILIAS

Domingo, 18 de diciembre de 2016
O VINDEIRO DOMINGO, 18 DE DECEMBRO, ENTREGAMOS A CADA FAMILIA UNHA VELIÑA ACESA NA CHAMA QUE PROCEDE DE BELÉN, DO LUGAR ONDE NACEU XESÚS
 

Esta luz procede da gruta do nacemento do Señor e tráenna os Scouts para repartila por todo o mundo. O vindeiro domingo levarán para cada casa esta luz para ser acesa na cea de noiteboa nos fogares.

Esta é a oración coa que será entregada

Entrega da Luz de Paz de Belén
Despois da homilía pasamos a recoller a vela que levaremos cada un para a súa casa e prenderemos na mesa de noiteboa como signo da presenza do Señor no medio de nós.
 
Lector: Chegan os tempos, o Señor cumpre as súas promesas, o homes xa non camiñarán máis nas tebras pois no Salvador xa está para chegar.
Por iso cantamos:
 

VÉN, SEÑOR Á NOSA TERRA,
A TÚA CASA, O TEU LAR.
POLA NOITE VEN E ACENDE
O TEU LUME NO FOGAR.
 
FAI QUE EN NÓS PRENDA A ESPERANZA
QUE PRENDEU XA EN MARÍA
E SE CUMPRA ASÍ A PROMESA
QUE NOS TIÑAS PROMETIDA.
 

Ven, Señor, que estamos cansos
das miserias que nos pesan.
Ven, que estamos sos, con ganas de Ti,
ven sentarnos á túa mesa.
 
Lector: Agora recibimos esta luz acendida na gruta do nacemento de Xesús. Invoquemos ao noso Señor dicindo: Xesús, luz do mundo, danos a paz.
 

  • Aos nosos corazóns inconstantes.
  • Aos nosos pensamentos valeiros
  • Aos nosos afectos desordenados.
  • As nosas accións violentas
  • As nosas relacións endurecidas
  • As nosas familias divididas
  • As nosas parroquias empobrecidas
  • As persoas quer non teñen traballo
  • Aos estudantes que fracasaron
  • A mocidade que perde a ilusión
  • Aos que se pecharon no alcol e na droga
  • A quen non ten nada
  • A quen non ten a ninguén
  • A que se sinte solo
  • A quen está triste
  • A quen está enfermo
  • A quen non ten futuro
  • A quen esqueceu a ilusión
  • A quen perdeu a fe
  • A quen non fai nada polos demais
  • A quen está canso de ser bo
  • A quen lle custa perdoar
  • A quen está farto das inxustizas
  • A quen fai a guerra
  • A quen sufre as guerras
  • A quen pon atrancos a paz
  • A quen despreza aos demais
  • Aos que fan inxustizas
  • A quen consinte inxustizas
  • A cada un de nós
  • Aos que nos imos reunir na casa
  • Aos que levamos no corazón

 
Deixamos un tempo de silencio para pensar como queremos entregar a luz da paz aos demais
 
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego