Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

NADAL

Domingo, 25 de diciembre de 2016
O VINDEIRO DOMINGO CELEBRAMOS A SOLEMNIDADE DO NADAL AS MISAS
 O HORARIO DE MISAS NAS PARROQUIAS

A FRANQUEIRA
SÁBADO 14 ÁS 6 DA TARDE
DOMINGO ÁS 11 DA MAÑÁ E 5 DA TARDE

A LAMOSA
DOMINGO ÁS 12 DA MAÑÁ

PRADO DA CANDA
Á 1 DA TARDE



Poema do arcebispo Lago González

Neno Xesús
 

Neno de cabelos de ouro
meu amor e meu tesouro
rico ben,
tanto coma a ti che quero
nin lle quixen nin espero
quererlle nunca a ninguén.
 
Esas manadas de feno
en que estás deitado, Neno,
frías son;
deixa que onda ti me achegue
e te deite e ata quente
no meu pobre corazón.
 
Pra que durmas ben contente
nel terás un leito quente,
Neno Rei;
e de amor nunha fogueira,
no meu peito, á mesma veira
do teu berce che farei.
 
Ven e durme, queridiño;
ven á casa dun mendiño
descansar.
Esa cova está moi fría;
fora dela venta e xía...
ven á parte ó pe do lar.
 
Hei facerche logo un trono;
mais agora durme un soño,
caravel.
E despois, cando te ergueres,
heiche dar, se mos quixeres,
leite a mais havos mel.
 
Hou, meu Rei, meu amiguiño,
quen na veira dun camiño
berce tes,
ven acá, ven ó meu peito
e descansar neste leito
que tan doce e quente ves.
 
Aquí, neno, meu amigo
vivirei solo contigo
pra en xamais;
e non quero máis venturta
nin riqueza nin fartura
Ti soliño, e nada máis!.
 
Manuel Lago González
Arcebispo de
Santiago de Compostela
Tui 1865- Santiago 1925
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego