O domingo 11 de febreiro, festividade da Virxe de Lurdes, a Igrexa celebra a XXVI edición da Xornada do enfermo. O Papa Francisco convida a poñer a nosa ollada no momento en que María recibe a maternidade da humanidade nova que abrolla da árbore fecunda da Cruz de Cristo.
Teremos a oportunidade de encomendar aos nosos enfermos á Virxe María. Estar preto dos que sofren e padecen a dor da enfermidade, a ancianidade e tantas limitacións, é unha obra de misericordia
Co lema "acompañar á familia na enfermidade" estamos invitados a estar preto das familias que teñen no seu seo persoas que están sufrindo a enfermidade.
Na tarde do domingo 11 de febreiro faremos unha celebración especial con esta intención.