Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

PASCUILLAS

Lunes, 24 de mayo de 2021
NOTA SOBRE A CELEBRACIÓN DA ROMARÍA DAS PASCUILLAS
 

COMUNICADO DA PARROQUIA- SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA SOBRE A CELEBRACIÓN DA ROMARÍA DAS PASCUILLAS

 

 

A Franqueira, 8 de maio de 2021

 

 

Estimado no Señor:

A Paz de Cristo Resucitado estea contigo.

 

Con fondo pesar temos que comunicar que as circunstancias da pandemia que nos está a afectar non son as máis axeitadas para que o 24 de maio poidamos celebrar, como é tradicional, a Romaría das Pascuillas na Honra da Nosa señora da Franqueira. As últimas decisión das autoridades dan un respiro, pero, debemos seguir mantendo as precaucións e poñer o mellor da nosa parte para evitar a expansión do virus que tantas vítimas ten causado neste longo ano.  Polo que este ano non celebramos as tradicionais peregrinacións e o encontro das parroquias neste santuario.

 

A presenza da Virxe da Franqueira no corazón dos seus devotos e peregrinos é unha chamada continua a renovar a nosa fe e a por no Señor a esperanza. Ben seguro, que a cada un, abríusenos o corazón ante a dor e o sufrimento de tantas persoas. Así, a nosa mellor peregrinación, a que máis alegra á Virxe é a de asemellarnos a ela cando saíu a visitar a súa curmá Isabel. O camiño que fai a Igrexa e cada un dos crentes levando serenidade e paz, consolo e amor, ledicia e esperanza. Provocando nos que se senten sos e abandonados a ollada ao corazón do Pai que é fonte de misericordia entrañable.

 

A medida que teñamos máis información sobre as normas das autoridades iremos comunicando as actividades e celebracións que se poidan organizar.

 

Coas miñas pregarias

 

Xabier Alonso Docampo


Párroco- Reitor do Santuario da Nosa Señora da Franqueira.

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego