Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

Poesía á Nosa Señora

Domingo, 11 de julio de 2021
unha pregaria máis á Virxe da Franqueira de hai 40 anos
 Jose Ramon Fontán González foi no seu momento alcalde da cidade de Vigo e cando escribiu esta oración á  Virxe da Franqueira Director da Cruz Vermella. Deixamos unha testemuña máis dos sentimentos que arranca do corazón estar diante da imaxe da Nosa Señora.
 
 
 
 
 
 
Moito che quero pedir
 
Virxen Santa da Franqueira.
Moito che quero pedir
nosa Senhora de pedra
que así te representaron
en Fe viva.
 
Mais de aquela
ninguén coidou que chegara
a seres a Nai da Terra
desta Terra asoballada
da nosa Terra Galega
 
E xa eu tiven pregoarche.
 
Primeiro prego por ela
a mellor parte de España
a antiga Terra galega.
 
Tamén che prego por nós
así ausentes ou presentes.
 
Para que nos concedas Paz
e ao teu Fillo lle pregues
perdón das nosas ofensas
e un anaquiño do ceo.
 
¿Non será moito pedir
de un pecadento galego?
 
 Nadal 80
 
José Ramón Fontán González
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego