Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

A XESTEIRA DA FRANQUEIRA. (Unha xota de namorar)

Domingo, 18 de julio de 2021
Unha nova peza musical que ten como inspiración á Nosa Señora da Franqueira
 A XESTEIRA DA FRANQUEIRA (Xota de namorar)
 
 
Como ven sabedes unha das tradicións antigas era a de atar unha xesteira facedendo un no namentres se recita un verso. As mozas casadeiras facían puñan deste xeito as súas espectativas de verse namorada e formar unha familia. 
O compositor Bejamín Fernandez Pazos compuxo unha xota con gaita e tamboril con esta temática. Pomos a letra desta obra na que vemos, unha vez máis, como a devoción mariana da Franqueira inspira a creatividade.
 
MIÑA MARIPEPA. VAMOS Á FRANQUEIRA
Xota, con gaita e tamboril
Benjamín Fernández Pazos
 
Miña Maripepa
vamos á Franqueira
a facer o nudo
xuntos na xesteira.
A facer o nudo
a ver á Santiña
e a beber o viño
que hai na romería.
 
(mozos)
Dame Maripepa dame,
dame e que non é pecado
unha brasiña de lume
pra encender o cigarro.
 
(mozas)
O zorro busca a galiña
cando a quere comer.
Deste poleiro, zorriño,
galiña non has de lamber.
 
(todos)
Heime casar contigo
anque nosos pais non queiran
porque o temos xurado
diant´a Virxe da Franqueira


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego