O día 8 de cada mes, excepto os domingos que ten o horario festivo, celébrase a Misa solemne en Honor da Virxe da Franqueira ás 12 da mañá e ás 6 da tarde.
EXPOSICIÓN DO SANTÍSIMO
Domingo seguinte ó día 8 de cada mes,
despois da Misa das 5 da tarde:
Exposición do Santísimo e Meditación
Último domingo de mes, despois da Misa das 5 da tarde:
Exposición o Santísimo , oración e Bendición dos enfermos
SACRAMENTO DA RECONCILIACIÓN (Confesión)
Mércores de 5 a 6 da tarde
Sábados de 5 a 6 da tarde
Domingos ás 5 da tarde
Estamos a disposición de todos para a acollida, o diálogo e a dirección espiritual.
CORO DO SANTUARIO
O grupo Coral Nosa Señora da Franqueira está ó servicio das celebracións litúrxicas que ó longo do ano se teñen no Santuario.
Ensaio: os venres ás 7 da tarde
GRUPO DE CÁRITAS INTERPARROQUIAL
As parroquias de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa teñen constituida a Cáritas interparroquial. Un grupo de voluntarios/as que dedican o seu labor, no nome da comunidade cristiá para compañar a familias da comarca e que pasan apuros e dificultades. Tamén están dedicados á animación comunitaria.
CATEQUESE
Os nenos e adolescentes reciben o acompñamento para a madurez da súa fe cristiá por un equipo de catequese interparroquial e co labor de transmisión da fe da familia.