Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

CERCO DE SAN SEBASTIÁN EN PRADO

Sábado, 13 de enero de 2024
Neste sábado celebramos na parroquia de Prado da Canda o Cerco de S Sebastián
 Unha festividade moi arraigada na parroquia e que nos convida a saír en peregrinación de loanza e petición coas imaxes de San Sebastián, San Roque e Santa Bárbara.
Nos distintos lugares oramos e pedimos polas familias, os enfermos, os traballos, e rogamos a deus que derrame a súa bendición sobre os campos e cultivos, animáis e traballos, protexéndonos do mal tempo.
Nesta procesión tomamos conciencia da pertenza a unha terra, a vivencia dunha fe, a confianza no Creador, a participación no labor do coidado da nosa casa común.
Que o Señor nos axude a todos a sermos coidadores da nosa terra e que, desde as nosas parroquias rurais poidamos lograr transmitir unha palabra de gozosa esperanza.


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego