Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

NOVO BISPO PARA A DIOCESE DE TUI-VIGO

Miércoles, 19 de junio de 2024
Desde que se anunciou o nomeamento de D. Antonio Valín como novo bispo da nosa diocese estamos en tempo de preparación para tan grande acontecemento.
Iremos propondo distintas accións orantes que nos dispoñan para a celebración do vindeiro 20 de xullo
 E bo facer un camiño agradecido polo que o Señor vai realizando na nosa historia. A Igrexa que peregrina en Tui-Vigo asume con ledicia esta nova xeira e querémolo manifestar co mellor que temos que é a nosa oración. Xuntos imos facer un camiño de escoita a través da palabra de Deus e da Igrexa, para lembrar cal é tarefa do bispo no medio deste pobo, que cada día quere porse en actitude de escoita e de camiño esperanzado.
Cada día, desde o 20 de xuño ao 20 de xullo, faremos un percorrido polos número do Catecismo, documentos da Igrexa enlazados coa Palabra e os textos da ordenación do Bispo.Será publicados no faceboke e no wapp, así como na plataforma X. 
Demos grazas a Deus





2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego