Noticias del Santuario
Romaría Diocesana da Palabra
Sábado, 02 de junio de 2012
Unha xornada de final e curso fesiva e oranta, contemplativa e unha cahamada ó compromiso diocesano.
O día 2 foi unha xornada diocesana que uniu ós membros desta Igrexa de Tui-Vigo, guiadoss polo noso pastor D. Luis, e deixándonos iluminar coa presenza maternal da Nosa Nai a Virxe da Franqueira. Un nutrido grupod e fieis acompañados polos seus cregos chegaron ó alto da coronación, para alí, ás 11 horas, comezar unha oración mariana. Percorridos os metros que nos separarban ata o lugar da celebración facendo unha pequena peregrinación, fomos escoitando a Palabra, orando a María, cantando acompañados polo son das gaitas. Na gran carpa do Outeiro celebramo a Eucaristía. O Sr. Bispo invitounos a escoitar, e vivir en comunión como Igrexa. Na afin da celebración descendemos coa imaxe procesional da Nosa Señora da Franqueira ata o Santuario. Fixo acto de presencia a choiva que non enfriou os corazóns dos presetes que se dirixiron ós diversos lugares onde tiñan previsto o xantar.
No apartado de fotografías tes unha pequena reportaxe deste encontro.