Xa van 10 anos do comezo desta peregrinación na que nos reunimos no camiño desde A Lamosa a Franqueira coa oración do Santo Rosario
O último sábado de Outubro, comezamos ás 4 da tarde na Lamosa. Este ano co lema "A Virxe maría, peregrina da fe" iremos desgranando a través dos Misterios do Santo Rosario, como María nos axuda tamén a nós a acoller, profesar, vivir, celebrar e testemuñar a fe.
Tedes os detalles desta peregrinación no carteñl que podedes descargar