Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

Cerco de San Sebastián

Sábado, 19 de enero de 2013
O sábado 19 de xaneiro teremos esta tradicional procesión
En torno á festividade de San Sebastián, a parroquia da Franqueira, celebra unha das súas festas máis tradicionais: O Cerco. Son as bendicións dos campos, animais e os traballos. Despsois da celebración da Misa que ten lugar ás 10 da mañá, saímos en procesión coas imaxes de San Sebastián, Santa Bárbara e a Nosa Señora do Rosario. Nos lugares de costume téñense as bendicións. É o xeito de dar grazas  a Deus polo don da vida e pedirlle que nos axude a que o noso traballo dea bo froito. Percórrense tódolos barrios da parroquia e recóllese a procesión arredor das 2 da tarde, o que significan moitas horas de camiño e de esforzo.


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego