O día 3 de febreiro na Misa das 5 da tarde celebraremos a bendición e presentación dos nenos á Virxe da Franqueira. Están invitadas todas as familias para dar gracias a Deus polo don marabilloso dos seus fillos. Na fin da mesma os pais rezan unha oración poñendo a vida dos seus cativos nas mans da Santísima Virxe. Ela é que recolle as nosas inquedanzas, e como no seu día co seu Fillo, ponnos ante o noso Pai. Son os fillos consagrados á bondade de Pai para que medren en gracia e sabedoría.