Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

LIBRO DEL PEREGRINO, NOSOTROS SOMOS TU CORONA y Guías del peregrino

Domingo, 21 de julio de 2013
Materiais para vivir o xubileo da Franqueira.
Presentamos un pequeno material para os máis novos con motivo do Ano Xubilar. Doce relatos, ambientados na edade media, en torno á construcción da portada románica da Franqueira. Tamñen podes accder no apartado do Ano Xubilar ás reflexións realizadas por diversas persoas en torno ña Virxe María
O obxectivo desta publicación é servir de base para realizar actividades cos máis novos dando a coñecer a historia do Santuario da Virxe da Franqueira. Nas actividades programadas con motivo deste Xubileo imos a facer ditintos xogos e convivencias, para que, os máis xoves, poidan, dunha frma activa coñecer a historia e a devoción da Nosa Señora da Franqueira.
Os relatos discurren arredor do escultor ó que se lle encarga a obra da portada. No ano 1343 moitos personaxes, devotos da Virxe, acuden á súa ermida e serven de inspiración ó artista para realizar a obra, que hoxe despois de tantos séculos, seguimos a contemplar. Pretende, asemade, ser uns relatos catequéticos que axuden a coñecer a vida da Virxe María, e, coa nos oración e seguindo o seu exemplo, coroala coa beleza da nosa fe.

podes descargar en PDF esta pequena historia

archivos_editor/file/folleto_nosotros%20somos%20tu%20corona_%20jovenes.pdf
archivos_editor/file/folleto_nosotros%20somos%20tu%20corona_%20jovenes.pdf









No apartado do Ano Xubilar hai trece reflexións dedicadas a Virxe maría. vale a pena adircarlles un tempo á súa lectura. Son escritos por Bispos, sacerdotes, relixiosos/as, leigos, que amosan unha gran devoción e cariño á Santísima Virxe

Non esquezas de visitar e ler con calma o LIBRO DO PEREGRINO, unha obra sinxela, na que, con diversas aportacións, podemos vivir este ANO XUBILAR DA FRANQUEIRA

archivos_editor/file/LIBRO%20PEREGRINO%20WEB.pdf





archivos_editor/file/LIBRO%20PEREGRINO%20WEB.pdf


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego