VI Preregrinacion a Lourdes
Domingo, 13 de octubre de 2013
Do 13 ó 18 de outubro terá lugar a VI Peregrinación a Lourdes organizada polo Santuario da Franqueira
Neste ano faremos algún cambio con respecto ós anos anteriores. Sairemos o domingo, despois da Misa das 5 da tarde, desde A Franqueira. A celebración desa Eucaristia será a do inicio da peregrinación. Todos nos reuniremos na Franqueira, deste xeito, evitamos os madrugóns doutros anos e ter que estar percorrendo todas as zonas e retrasando a viaxe.
Iremos a dormir a Lugo. Coñeceremos despois de cear o casco antigo e faremos algunha visita sorpresa.
Ó día seguinte visitaremos Covadonga, rezaremos diante da Santina e visitaremos despois de comer Santo Toribio de Liébana, onde celebraremos a Eucaristía. Así faremos unha visita polo Picos de Europa.
Despois de dormir en Comillas iremos xantar a Irún, para chegar pola tarde ó noso destino, Lourdes.
Estaremos no Santuario o marte tarde, todo o mércores para sair o venres, despois do xantar.
En Lourdes participaremos na MIsa Internacional, na procesión da Eucaristía, no Vía Crucis, e por suposto as visitas ós lugares máis importantes, culminando a nosa peregrinación coa Misa na Gruta das Aparicións.
No xoves dormiremos en Burgos, celebrando a Misa ó día seguinte na capela do Santo Cristo e visitando a Catedral. despois de xantar na Bañeza chegaremos á tardiña as nosas casas.
O tema pastoral deste ano en Lourdes é "Lourdes, unha porta á fe".
Nós, pola nosa parte, celebraremos esta peregrinación dentro do Ano Xubilar, facendo un hermnamento co Santuario dos Pirineos.