Entre estas dúas imaxes teñen pasado 50 anos.
O pasado 21 de xullo estivemos no mesmo lugar, O Alto da Coroación, para ter a Celebración xubilar dos 50 anos da Coroaciçon da Virxe da Franqueira. Coa asistencia de 52 parroquias representadas nos estandartes, e máis de 2.000 fieis, encamiñámonos en solemne procesión desde o templ, despois de rezar o Rosario, ata o lugar preparado para a ocasión. Unha celebración viva e participada, na que o Coro da Franqueira acompañado ó órgano por Angel Viro, encargouse de lembrar os himnos propios da Nosa Señora.
Non houbo moito espazo, pois a xente colocouse á sobre, e foi moi difícil que todos lograsen ver as danzas realizadas polos que hai 50 e 25 anos bailaron á Virxe da Franqueira.
Recibimos a Bendición papal para esta ocasión e os estandartes un pequeno agasallo de lembranza.
podes ver a galería de fotos desta celebración.
Cartel da Xornada festiva do Xubileo dos 50 anos da Coroación da Virxe da Franqueira
/ cartel coronacion franqueira 2013.jpg
Programa de actos e folleto da celebración
Folleto cantos misa_ 21 JULIO.doc
A Franqueira, 12 de xuño de 2012
“Nos parece que las coronas llevan incorporado un ruego sincero de todos:
el de que esta fiesta tan esperada y deseada no pase,
no tenga un mañana en que la podamos dejar en olvido;
que nos haga siempre presente esta hermandad
en la que en esta mañana nos hemos congregado,
para que la practiquemos todos los días de nuestra peregrinación
con todos los redimidos, los hijos de Dios y de María.”
Fray José López Ortiz,
Homilía de la Coronación de la Virgen de la Franqueira,
21 de julio de 1963
Estimado no Señor:
Achégase o día grande do 50 aniversario da Coroación da imaxe da Virxe da Fonte da Franqueira. Desde o 8 de decembro, en que foi a apertura do Ano Xubilar, estamos a celebrar este feliz acontecemento. Son moitas as grazas con que o Señor nos leva bendicido a través desta entrañable advocación. Por iso estamos a preparar unha xornada festiva para o vindeiro 21 de xullo, data de feliz lembranza para a nosa Diocese.
Queremos convidar a toda a Diocese a mostrar o seu agradecemento á Nai de Deus. Unha invitación a que participen as parroquias que o desexen representadas con un estandarte da devoción mariana de cada unha, insisto só un estanadarte por parroquia, para poder así, facer unha fermosa manifestación popular das advocacións da Virxe ás que se lle profesa devoción na nosa diocese. As parroquias que non teñan estadarte da Virxe poden traer outro do que dispoñan. É moi importante que comuniques, cantoantes, a asistencia para dispoñer o espacio necesario e os agasallos para cada representación.
O programa que deseñamos é o seguinte:
21 de xullo:
Celebración xubilar dos 50 anos da Coroación da Virxe da Franqueira
16,30 horas: Acollida dos peregrinos no Santuario e avisos de organización.
17,00 h. : Rezo do Santo Rosario.
17,30 h.: Procesión da Virxe da Franqueira desde o Santuario ó Alto da Coroación, precedida dos estandartes e acompañada con cantos.
18,00 h.: Celebración da Santa Misa, presididda polo Sr. Bispo D. Luis Quinteiro. Na fin da Eucaristía impartirase a Bendición Papal con Indulxencia Plenaria.
Danzas en honor da Virxe da Franqueira . Actuarán os danzantes que bailaron hai 50 anos da cerimonia da Coroación e acompañadas polo grupo “Os folieiros de Lavadores”.
Entrega de lembranza ás parroquias.
Procesión ata a o Santuario.
Final festivo.
É importante ter en conta algunhas cuestións prácticas:
É necesario inscribirse, tanto parroquias que van participar co seu estandarte, como os que dispoñan participar e non teñan algún signo parroquial co que facerse visibles. (Poden dispor de un símbolo procesional sinxelo, ou unha pequena pancarta identificativa coa fotografía dunha imaxe da Virxe María da parroquia).
Para comunicar a participación poden facelo chamando ó 986.69.79.68 / 609.47.25.91. ou a traves do correo info@afranqueira.org , ou enviando unha nota ó correo postal: Santuario da Franqueira, 36889. A Cañiza.
Os sacerdotes que desexen concelebrar deben traer alba e estola branca. O lugar para revestirse será na Capela das Confesións debaixo da Casa Rectoral.
No lugar da celebración da Eucaristía disporase un espacio para o Sacramento da Reconciliación, por iso, necesitamos que algún dos sacerdotes poida realizar este servicio.
Se algunha parroquia teñen un grupo de baile tradicional que queiran facer unha ofrenda á Virxe cunha danza, poden realizala ó finalizar a procesión de regreso ó Santuario. No adro estará o grupo de gaiteiros e poderán coordinarse.
Ante algunha dúbida poden poñerse en contacto connosco.
Moitas grazas a todos e conta coa miña pregaria ante a Nosa Señora.
“El reinar de María ha de ser ante todo en los corazones,
y la Coronación tiene que ratificarse con un entronizamiento en las almas
con un rendimiento afectuoso, que tiene que ser de la misma ley que la ingenua ternura filial
con que empezamos a venerarla, cuando traíamos en los años de nuestra infancia
aquellas humildes flores, que sabíamos miraba Ella con desbordada complacencia maternal…
Que la Coronación de su bendita imagen sea una fiesta de piedad sincera y sencilla.”
Fray José López Ortíz
Obispo de Tui-Vigo
Homilía en A Franqueira, 6 de junio de 1960