Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MAGNÍFICAT EN VIGO

Viernes, 27 de septiembre de 2013
O venres 27 de outubro inaugúrase en Vigo, na Casa das Artes, ás 20 h. a exposición Magníficat. Unha ollada á historia, devoción e actualidade no Santuario da Nosa Señora da Franqueira.
EXPOSICION CONMEMORATIVA DOS 50 ANOS DA CORONACION CANONICA DA VIRXE DA FRANQUEIRA


Con motivo da celebración do Ano Xubilar da Franqueira e o Ano da Fe, inaugurarase o vindeiro 27 de setembro unha exposición titulada "Magníficat". Na casa das artes de Vigo poderemos contemplar en tres apartados a historia, a tradición e a devoción da Virxe da Franqueira. É a proxección cultural que queremos dar a este gran acontecemneto, que ó longo de todo este ano, congregou ó milleiros de fieis que se achegaron ó Santuario da Nosa Señora a felicitala por estas vodas de ouro. 

Podemos dicir, sen medo a equivocarnos, que é o borche de ouro a este Xubileo. D. Saniago Vega e D. Andrés Fuertes, sacerdotes especializados en arte, e, cunha longa experiencia no traballo a prol da nosa Diocese, asumiron con grande alegría este proxecto. Non cabe dúbida, que será un expoñente cultural na historia da nosa Diocese de Tui-Vigo, pois exporase un gran abano do que é e significa este santuario mariano. Queremos agradecer o labor e a dedicación deste dous compañeiros e irmáns no ministerio. O traballo e a xenerosidade de moitas outras persoas, a das parroquias que emprestan as súas imaxes para que as poidamos expoñer; as institucións publicas que nos axidaron a levar a diante este proxecto. A todos moitas grazas.


Ó longo de todo o mes que durará a exposición, 27 de setempbro- 27 de outubro, teremos a oportunidade de ir comentando a acollida que poderá ter e a sensacións que vai a emitir. Polo de agora convidamos a todos os que queiran a asistir á presnetación que terá lugar o venres 27 de setembro ás 20 horas na casa das artes de Vigo. Os que primeiro vaiades tendes que despois convidar a outros a visitala.


Non esquezades de facervos co catálogo que se publica. Vale a pena adquirir unha obra única, polos artigos que se escribiron, ós que agradecemos a xenerosidade dos seus autores; a fermosura e calidade das fotografías,e, porque é unha obra única e irrepetible. Xa o sabedes, o venres 27 des setembro.


Os que desexen degustar un anticipo, poden asistir á presentación que terá lugar no salón de plenos do Concello da Cañiza a véspera, o xoves 26, ás 20,30 horas. Queremos que a devoción da Virxe da Franqueira se achegue a todos e sexa coñecida por todos. Grazas.



2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego