Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

XI PEREGRINACION DO ROSARIO

Sábado, 26 de octubre de 2013
Saída desde a Lamosa ás 4 da tarde e rezando nos lugares de costume o Rosario. este ano o lema é \\\"Rezamos e meditamos con María os Misterios da nosa fe\\\". Aínda que chova celébrase igual. Á fin Santa Misa na Franqueira e regreso en autocar.
Hai once anos o Beato Xoan Paulo II declaraba un ano do Rosario. Desde entón, o último sábado de outubor, mes do Rosario, celébrase esta peregrinación desde A Lamosa ata o Santuario da Nosa Señora da Franqueira. Saímos ás 4 da tarde, e alí, na igrexa da Lamosa rezamos o primeiro misterio. Encamiñámonos para realizar, con calma e serenidade, nun ambiente de oración, á capela de San Miguel de Corzós. Despois de termos rezado o segundo misterio continuamos cara a igrexa parroquial de Prado da Canda, e, diante da Nosa Señora do Rosario rezamos o terceiro dos Misterios. Retomaremos a estrada ata chegar á Fonte da prata, onde se reza o cuarto dos misterios. Finalmente no Alto da Corozación tense o último dos Misterios.
No Santuario celébrase a Eucaristía en honor da Virxe e finalizada a peregrinación volven os conductores dos coches ata A Lamosa en autocar.

Esta peregrinación celébrase anque chova.

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego