Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

Presentación dos nenos á Virxe da Franqueira

Domingo, 02 de febrero de 2014
O día 2 de febreiro ás 5 da tarde
PRESENTACION DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA


O día 2 de febreiro, como xa é costume, teremos unha festa moi especial no Santuario da Franqueira. Este ano, asemade, ó coincidir en domingo, terémola o día propio. Conmemorando o día en que o Neno Xesús foi levado polos seus pais ó templo, así tamén, os pais traen ó seus cativos para poñelos baixoa a protección da Nai de Deus e a Nai de todos. A Virxe, así como coidou do seu meniño, así protexerá ó nosos pequenos.
É un día moi alegre en que os choros e risos dos nenos son a mellor oración ó Señor. Queremos deixarnos guiar pola Palabra que nos di Xesús: "Se non vos facedes como nenos, non entraredes no Reino dos Ceos". Facerse nenos, deixarse coida polo amor do noso Pai Bo, confiar plenamente, descubrir a vida coa ollada limpa, vivir a alegría sincera, todo o que os nenos nos ensinan cada día.

No fin da celebración, que será ás 5 da tarde, teremos unha pequena merenda para os nenos nunha chocolatada.

Estades todos convidados.
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego