Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

Nosa Señora de Lourdes

Martes, 11 de febrero de 2014
Día mundial dos enfermos

  Fe e caridade, “Tamén nós debemos dar a vida polos irmáns”.
Estas palabras da carta de San Xoan son as que utiliza o Papa Francisco como lema desta campaña do enfermo con motivo da festividade da Virxe de Lurdes. No santuario da Franqueira, cada último domingo de mes, depsois da Misa das 5 da tarde, temos a exposición do Santísimo coa oración e a bendición dos enfermos. Poñemos ós pes da Virxe, pedindo a bendición do Señor, que alivie, fortaleza, anime e dea a saúde ós nosos enfermos. Ás veces unha palabra de ánimo, unha caricia, a escoita, ou un sorriso, valen máis que unha pastilla. O corazón do enfermo, cheo de medos, inquedanzas e escuridades, necesita ser iluminado pola esperanza.


O DÍA 11 DE FEBREIRO, FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DE LURDES CONVIDAMOS A TODOS A PARTICIPAR NU´NHA TRADE DE CONVIVENCIA E ORACIÓN, PENSADA ESPECIALMENTE ÓS ENFERMOS.

ÁS 5 DA TARDE, NO SALON PARROQUIAL, ENCONTRO, CONVIVENCIA

ÁS 6 DA TARDE: MISA NO SANTUARIO EN HONOR DA VIRXE DE LURDES E BENDICIÓN DOS ENFERMOS

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego