QUEREMOS CONSTRUIR UN LOCAL PARA CARITAS E UN ALBERGUE DE PEREGRINOS
Lunes, 08 de septiembre de 2014
DOUS PROXECTOS NOS QUE QUEREMOS COMEZAR A TRABALLAR. NOVAS IMPORTANTES DA NOVENA
O santuario da Franqueira convértese no mes de setembro en un ir
e vir de romeiros e peregrinos. Este ano, durante todo o mes estamos a facer a campaña para que entre todos poidamos ver feitos dous proxxectos necesarios para a pastoral deste santuario.
O primeiro é a construcción dun local para Cáritas interparroquial "Nosa Señora da Fraqneuira". Un grupo de persoas está comenzando a facer realidade este servicio na comunidade cristiá e que, desde hai máis dun ano, está a traballar na axuda a familias da comarca. Precisamos un local como almacén de alimentos, facer unhas salas de reunións e actividades e material informático.
O segundo é a construcción dun Albergue para peregrinos. Son moitas persoas que , condo chegan da súa camiñada de horas ata o santuario, precisan asearsem camibiar a roupa, ou descansar, ou comer tranquilos. Por iso queremos lograr facer un local con duchas e vestiarios, comedor, dormitorios, etc..
Esperamos que entre todos logremos facer isto realizade. necesitamos a axuda de todos. Pero primeiro pedímoslle á Nosa Señora que nos ilumina no traballo para logralo.
Moitas grazas.
Estamos no ecuador da celebración da Novena da Virxe da Franqueira. Quedan algunhas celebracións especiais nas que queremos das grazas á Nosa Señroa pola nosa vida. Así, o vindeiro venres, na celebración da Misa, despois da Novena (8 da tarde), teremos un día adicado ós matrimonios e familias. Finalizaremos cunha oración de renovación das promesas matrimoniais e o intercambio dos aneis entre os casados.
O sábado pola mañá, ás 12, teremos o funeral polo devotos falecidos. Poñemos nas mans da Virxe María a vida dos que peregrinaron a este santuario e suplicamos para eles a paz e o descanso, a benaventuranza e participar da vida eterna. Pola mañá haberá Misa ás 9 e 10,30
O sábado pola tarde, ás 6, teremos un día dedicado ós nenos. Para a Virxe, nosa naiciña, vai a nosa oración agradecida pola vida que comeza, que medra, e que precisa ser coidada. Así, a que coidou e criou ó Fillo de Deus, coide ós vosos filliños.
O venres, sábado e domingo serán predicado polo P. Miguel Angel Barreiro, Franciscano do convento de Canedo.
O domingo xa é día de romaría, e na páxina web podes ver os horarios, igual que os do día 8, solemnidade da Virxe da Franqueira. So dicir que o día 7 é tamén un día de oración para pedir a paz en Siria, Oriente medio e en todo o mundo. Por iso, o domingo 7, pola noite, na procesiónd as antorchas, a oración será pola paz.