Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

FESTA DOS POXOS

Domingo, 28 de septiembre de 2014
O vindeiro 28 de setembro celébrase o último día da Romaría da Nosa Señora da Franqueira, coñecido co nome da festa dos poxos, neste ano teremos o Concerto de presentación dun disco dedicado á Virxe.














Este ano a data habitual desta festividade trasládase por coincidir o día 21 coa Romaría da Peña de Francia na parroquia de Parada de Achas, polo que, a festa do poxos pasa a ser o 28 de setembro neste ano. É o día no que ó finalizar os cultos da mañá, Misa Solmne e Procesión, púxanse as ofrendas regaladas polos fieis á Nosa Señora. Durante o ano, e sobre todo neste día, os devotos traen en ofrenda á Virxe prantas, animais e outras ofrendas, que se poxan e a esmola recibida entrégase a un proxecto caritativo da Igrexa. Nos últimos anos temos colaborado cun comedor para nenos da rúa en Panamá, a construcción dunha capela á Nosa Señora da Franqueira en Zambia, ou nas cáritas diocesanas.
Este ano tamén teremos a recollida de alimentos como xesto de xenerosidade para colaborar coa cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira, que estamos a traballar con familias da Paradanta. 
Hai que unir que na tarde deste domingo haberá o Concerto de presentación do disco "Gaude María" do grupo coral Vox Stellae, un disco homexane á Virxe da Franqueira cuxos beneficios da súa venta serán para cáritas interparroquial. Velaí pois o programa

Misas ás 9, 10, 11
Ás 12, Misa solemne e Procesión
Subasta de ofrendas
A recollida de alimentos será durante toda a xxornada ós pes da imaxe da Virxe

Pola tarde Misa ás 5
6,30 da tarde: Concerto de presentación do disco
 

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego