Recaudacion dos poxos para o proxecto de centro de acollida para nenas deficientes en Abancay, Perú
Martes, 30 de septiembre de 2014
Este ano, entre os poxos e a esmola da celebración da Misa presidida polo Bispo de Abancay, D. Gilberto, recadáronse 1.600¤
Tamén a recollida de alimentos para cáritas está a comezar a ser distribuída.
Nas poxas do domingo pasado físoxe a recaudación para axudar ao centro de nenas deficientes do Centro Von Kétteler da Diocese de Abancay, en Perú. A visita de D. Gilberto, Bispo de Abancay, e gran devoto da Virxe da Franqueira, foi o impulso para que nos uniramos a este `proxecto tan necesario na súa Diocese. El está moi preocupado pola situación deste colectivo da poboación, son nenas que pola súa deficiencia viven unha situación de marxinación extrema, por iso, tendo xa unha casa e unha relixiosas para rexir o centro de acollida, necesita a axuda necesaria para poñer a instalación de xeito adecuado a este labor.
As ofrendas traídas á Virxe da Franqueira, animais, plantas, productos do campo, son poxados ó finalizar a procesión, e esta recaudación, neste ano 1.600 €, sumado a unha colecta realizada o día que nos visitou D. Gilberto, fai o montante da cantidade que se lle enviará. Logramos así que a ofrenda ña Virxe adquira unha visión aberta á universalidade da fe, levar a caridade a outros lugares, facendo que o noso amor á Virxe proxecte nestas persoas o que significa para todos nós unha fe, feita obra. Esperamos que esta esmola, que somos conscientes que é ben pouco para todo o que se quere lograr, axude a aliviar o sofrimento de moitas persoas.
Nos últimos anos estamos a facer esta ofrenda a moitos lugares: Paraguay, Zambia, O Salvador, e agora Perú.
Tamén a recollida de alimentos para "Cáritas interparoquial Nosa Señora da Franqueira" foi un respito para o noso pequeno almacén. Os preto de 300 kilos xa comezaron a distribuirse neste mes para axudar á economía dalgunhas familias da comarca. Seguimos a traballar.
Moitas grazas a todos pola xenerosidade