Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

Obras para as pascuillas e campaña Tes 10 ¤?

Sábado, 28 de marzo de 2015
Estamos a realizar a explanación do terreo do Outeiro para a Romaría das Pascuillas, unha obra que supón preparar o espazo para acolida das parroquias, a celebración da Misa solemne e a procesión.
Para a recaudación de fondos facemos a campaña \\\\\\\"Tes 10¤?\\\\\\\"
 OBRAS PREPARANDO AS PASCUILLAS

¿PODEMOS CONTAR CONTIGO?

Campaña "Tes 10€?"

archivos_editor/file/campaña tienes 10€.pdf





O Santuario da Nosa Señora da Franqueira comezou as obras de acondicionamento do lugar onde se celebra a Romaría das Pascuillas.

Estas obras iniciais consisten na explanación do terreo e preparación da zona do altar da celebración da Santa Misa e do espazo onde se coloca a carpa.

Queremos cada ano poidamos ir mellorando este lugar onde máis de 50 parroquias da comarca, milleiros de fieis da Diocese e de toda Galicia, romeiros e peregrinos, poidamos celebrar a nosa fe e honrar á Nosa Señora da Franqueira.

O presuposto desta obra está nos 7.000 € que os asume o Santuario, como propietario do lugar e para ir mellorando as instalacións de uso pastoral do mesmo.

É un traballo lento, pero necesario, para que o día das Pascuillas todos poidamos participar con maior comodidade na Celebración da Santa Misa, as imaxes estean máis visibles, o espazo sexa maior, e, co paso do tempo poidamos difrutar dun espazo natural axardiñado e elegante.

Todo isto é na Honra da Virxe da Franqueira e coma homenaxe ós seus moitos devotos. Sabemos que nestes tempos difíciles teremos que ir como poidamos, pero confiamos na xenerosidade da xente e do agradecemento á Virxe da Franqueira polo moito que nos axuda na vida.

Pedimos a túa axuda e colaboración para facer posible este proxecto.

Axúdanos co teu donativo

Cada día iremos dando información do traballo. Podes seguir paso a paso no fecbook


2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego