O vindeiro sábado 24 de outubro celebrarase a XIII edición da Peregrinación do Rosario desde A Lamosa ata o Santuario da Franqueira
Como é costume sairemos da igrexa parroquial da Lamosa ás 4 da tarde despois de ter rezado o primiero misterio do Rosario. Percorreremos os 6 kilómetros que nos levan ata a Franqueira parando na capela de San Miguel de Corzós, na parroquial de Santiago de Prado da Canda, na Fonte da Prata e no Alto da Coroación. Este ano a invitación é a de unirnos na pregaria con María, contemplando os misterios luminosos, para sermos como ela mensaxeiros da ledicia do Evanxeo
Á chegada ao Santuario celebramos a Eucaristía, e, na fin teremos un autocar para regrasar á Lamosa a recoller os coches.