CARIDADE
“Cada cristián e cada comunidade están chamados a ser instrumentos de Deus para a liberación e promoción dos pobres” EG 187
Formación do grupo de cáritas interparroquial “Nosa señora da Franqueira”
Traballar os números da EG sobre a dimensión social da evanxelización.
Asumir as tarefas propias do grupo entre os seus membros.
Comezar os traballos de preparación dun local para cáritas.
Atención ás urxencias dos usuarios de Cáritas.
Colecta do 1º domingo de mes para Cáritas
Animar a colaboración co terceiro mundo (colectas, en especial a da festa dos Poxos)
Actividades
Reunión quincenal deCcáritas para a formación, oración e actividades.
Reparto de alimentos: 1ª semana de mes.
Campañas de sensibilización
ENFERMOS E MAIORES
“Todos os cristiáns estamos chamados a coidar ós máis fráxiles da terra” EG 209
Visita mensual ós enfermos e ás residencias de anciáns e hospitais.
Día do enfermo: na campaña mundial e no domingo anterior ó 8 de setembro
Encontros Betania para enfermos
Últimos domingos de mes despois da Misa de 5 da tarde
Exposición do Santísimo.
Tema: A enfermidade, tempo de evanxelización.
Contacto co servicio de atención no loito e na enfermidade dos Camilos (Madrid)
Animar a colaboración coa Peregrinación a Lourdes que organiza a Hospitalidade Diocesana.Campaña de recollida de alimentos no Cash Record de Pontereas
Os vindeiros venres e sábado, 9 e 10 de maio, "Cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira" organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no Cash Record de Ponterareas, situado na estrada de Ribadetea.
Desde hai uns anos, un grupo de voluntarias ven de distribuir a algunhas familias da comarca, axudas puntuais de alimentos. Debido ó impacto que está a ter a crise na comarca da Paradanta, neste curso, e según o Plan Pastoral da Diocese, o Santuario da Franqueira, xunto coas parroquias de Prado da Canda e A Lamosa, veñen de formar un grupo de Cáritas interparroquial. Case unha ducia de amas de casa, entusastas e con desexo de traballar polos que máis necesitan, están a recibir a formación necesaria para constituir este organismo. Así, cada quince días, veñen os responsables de formación do voluntariado de Cáritas diocesana a impartir os temas. Próximamente contarán coa presenza dunha traballadora social.
Ó mesmo tempo están xa a realizar os traballos propios desta institución da Igrexa. Así faise unha distribución de alimentos a 12 fogares da comarca, conscientes de que posiblemente, vaia en aumento a demanda. Cada mes a distribución dos alimentos faise co que se recibe da xenerosidade dos fieis e a colaboración tres veces ó ano da Cruz vermella.
Feita a solicitude a Cash Record, recibiuse o apoio inmediato e a súa colaboración. Todo son facilidades para que poidamos levar este proxecto a bo porto. Durante os días, venres e sábado, estarán por turnos as voluntarias, en horario de 9 a 13,30 e de 16,00 a 20,30.
Os alimentos que se reciben son imperecedeiros, como, Leite, azúcar, aceite, fariña, conservas, pastas, galletas, cacao...
Nesta acción tamén se coordinaron con Cáritas Ponteareas, e para no futuro, afianzar a colaboración entre os distintos grupos da zona.
O grupo de cáritas interparroquia, Nosa Señora da Franqueira, con sede no Santuario do mesmo nome, pretende levar adiante moitos máis proxectos: sala de acollida, almacén, e outros espazos para actividades que están xa a programar. A colaboración de todos é moi importante e a pretensión é a de acompañas ás familias que están en perigo de pobreza da comarca.
BO ÉXITO DA CAMPAÑA DE CARITAS
Éxito é o calificativo da recollida de alimentos realizada na find e semana pasada no Cahs Record de Ponteareas. Cun total de 470 kilos de alimentos e 10 en productos variados podemos satisfacer a demanada de axudas a familias da comarca da Paradanta que estamos a atender. Moitas grazas a todos.