CARTA EUROPEA DO CISTER E RUTA DO CISTER EN GALICIA
Desde o pasado decembro do 2014 esta Parroquia- Santuario de Santa María da Franqueira foi aceptada como membro da Carta Europea do Císter e está a formar parte da constitución en galicia da Ruta do Císter.
A Franqueira foi un modesto mosteiro pero cunha longa traxectoria histórica que abarca desde o século VI ata o ano 1835 e que deixou unha fonda pecada na alma das xentes pola devoción ña Virxe da Fonte que se custodia no seu templo. Neste apartado iremos dando conta das novas que vaian xurdindo a partires desta incorporación.
Poñemos á vosa disposición algúns enlaces para facervos unha idea e algún material que enviamos á dirección desta asociación
Na páxina da asociación podes acceder ós mosteiros que están xa incorporadosen Galicia: Acibeiro, Melón, Oseira, Oia. Agora solicitamos a incorporación: Franqueira, Meira, Montederramo.
Nestes enlaces podes ver as crónicas das reunións de comezo da asociación en Galicia