Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

CAMIÑO DE ORACIÓN

CAMIÑO DE ORACIÓN






Ao longo deste mes de setembro iremos pondo para o coñecemento dos romeiros e peregrinos unha proposta de oración na contorna do Santuario. Os lugares tan fermosos, cargados de natureza e historia, son unha oportunidade para achegarnos a través da contemplación ao nos Deus, Pai e Creador. Os espazos dedicados a esta oración serán espazos de silencio e cunha proposta activa cara ao compromiso cristián nunha sana ecoloxía integral e unha caridade efectiva aos máis fráxiles da sociedade.

Queridos peregrinos: 
A entorna do Santuario da Franqueira ofrece lugares fermosos cargados de beleza e historia. Seguindo as pegadas da tradición do achado da imaxe no Coto da Vella e percorrendo A Fonte, A Antiga Ermida, O Santuario e O Alto da Coroación, atoparedes un sinxelo material de oración. O obxectivo é iniciar unha oportunidade de oración con algunhas propostas desde a Carta do papa Francisco Laudato si que se refire ao coidado da casa común. Afondar no sentido cristiá do coidado da creación achéganos non so a un problema global que nos afecta a todos como estamos a ver, senón, a tomar conciencia da corresponsabilidade de afrontar desde o compromiso persoal e comunitario a un reto no que nos xogamos o futuro. 

Desde esta páxina podes descargar os materiais e seguir as indicacións.

No Coto da Vella
archivos_editor/file/1_- orar en la montaña1.pdf

Na Fonte
archivos_editor/file/2_-el agua viva2.pdf

archivos_editor/file/2_- el agua viva2.pdf
Na antiga ermida
archivos_editor/file/3_- vivir en la casa común3.pdf

No Santuario
archivos_editor/file/4_santuario de vida4.pdf

No Alto da Coroación
archivos_editor/file/5_- anunciar la belleza5.pdf


















2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego