Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

FESTIVIDADE DE SAN BIEITO

Lunes, 11 de julio de 2022
O próximo 11 de xullo celebramos a festividade de San Bieito, tan venerado nas parroquias, podedes ver os horarios das celebracións
 No día 11 de xullo celebramos a festividade do santo abade San Bieito, tan querido na nosa terra e tan venerado. Que lle podemos agradecer? Que nos axuda a ter un método de lectura e oración coa Palabra de Deus, un espírito aberto á contemplación, unha actitude de acollida da vontade de Deus, e, quedémonos co lema da súa regra “non antepor nada ao amor de Cristo”. Que lle podemos pedir? Serenidade ante as dificultades, actitude de fraternidade ante os demais, un corazón dócil ao amor, saúde e espírito e vida de oración máis intensa.
 
Teremos as celebracións co seguinte horario: 
A Lamosa ás 10 da mañá
Prado da Canda ás 11
A Franqueira ás 12 Misa solemne e procesión e Misa ás 8 da tarde



 
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego