Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

XIII PEREGRINACIÓN DO ROSARIO

Sábado, 24 de octubre de 2015
O vindeiro sábado 24 de outubro celebrarase a XIII edición da Peregrinación do Rosario desde A Lamosa ata o Santuario da Franqueira
 Como é costume sairemos da igrexa parroquial da Lamosa ás 4 da tarde despois de ter rezado o primiero misterio do Rosario.  Percorreremos os 6 kilómetros que nos  levan ata a Franqueira parando na capela de San Miguel de Corzós, na parroquial de Santiago de Prado da Canda, na Fonte da Prata e no Alto da Coroación. Este ano a invitación é a de unirnos na pregaria con María, contemplando os misterios luminosos, para sermos como ela mensaxeiros da ledicia do Evanxeo
Á chegada ao Santuario celebramos a Eucaristía, e, na fin teremos un autocar para regrasar á Lamosa a recoller os coches.
2020. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego