Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

Misa en Honor de San Telmo e polas víctimas dos accidentes no mar

Desde el 28 de abril de 2014 hasta el 23 de abril de 2014
O Vindeiro 28 de abril, luns, celébrase a festividade de San Telmo, patrón da Diocese de Tui- Vigo, da Cidade de Tui e dos navegantes. No Santuario teremos unha Misa ás 6 da tarde
 

O Beato Pedro González Telmo, coñecido como San Telmo, é patrono da nosa Diocese de Tui- Vigo, da cidade de Tui e dos navegantes. Foi un frade dominico que, despois de acompañar ó rei na conquista en Andalucía, percorre Portugal e chega a Galicia para evanxelizar. O seu traballo pola diocese inclúe, ademáis do anuncio da Palabra, a defensa dos pobres, a axuda material, construcción de pontes, etc. Falece en Tui despois de predicar a Semana Santa cando ía camiño de Santiago. O seu corpo repousa na capela das reliquias da Catedral de Tui. O seu culto está extendido por todo o mundo.


 

No ano 2009 a Confradía de San Telmo agasallou á Virxe da Franqueira cunha imaxe do Santo Patrón. E no 2011 a S. I. Catedral de Tui enviou unha reliquia para a veneración neste Santuario, consistente, nun trozo de tela que envolveo o seu corpo santo.


 

O Luns 28 de abril, ás 6 de tarde, celebraremos unha Eucaristía na Honra de San Telmo, e tamén, como patrón dos navegantes, lembraremos ós mariñeiros mortos nos últimos accidentes e ás súas familias. Na fin da celebración venerarase a Reliquia de San Telmo.

2019. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego