Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Actividades del Santuario

Visita da Cruz ós fogares da parroquia

Miércoles, 23 de abril de 2014
No día 23 comezamos a visita coa cruz parroquial nas parroquias de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa.
Durante estes días a Cruz parroquial das comunidades de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa, visita os fogares para felicitar a Pascua, ter un rato de oración e recibir a bendición pascual. Este ritual realizábase hai moitos anos, e, desde hai tres vimos de recuperalo nas parroquias. É moi sinxelo e fai posible o achegamento da nosa fe en Cristo resucitado ós fogares das paroquias. É un xeito de invitar a rezar na familia e a facer presente a vida parroquial nas casas. Asemade os enfermos reciben a comunión. Procuramos facer o recorrido con tranquilidade e con moita devoción e alegría. Non ten un afán recaudatorio, senón de compartir a alegría da resurrección.
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego