Noticias del Santuario
PRESENTACIÓN DOS NENOS E NENAS Á VIRXE DA FRANQUEIRA
Domingo, 07 de febrero de 2016
O vindeiro domingo, día 7 de febreiro, no marco deste xubileo da misericordia,como é costume teremos a celebración da presentación dos nenos á Virxe da Franqueira
É fermoso escoitar ós cativos cos seus balbuceos no templo. É alegre ver os sorrisos dos pequenos con ollos abertos. É gratificante achegarse aos pais e avós que elevan a súa ollada á Virxe para pedirlle, como Nai nosa, que coide e protexa ós seus fillos.
O vindeiro domingo o Santuario da Nosa Señora da Franqueira convértese ás 5 da tarde, na Misa vespertina, nunha gardería e nunha escola infantil. Meniños de diversos lugares acoden traídos polos seus pais para seren presnetados á Nosa Naiciña do Ceo. Un xesto cargado de simbolismo e cheo de afectos e sentimentos que rebordan por todas partes.
A celebración,. como é costume será ás 5 da tarde. Participan o Coro do Santuario e o grupo de catequistas das parroquias. Ao finalizar a Eucaristía achéganse os pais cos seus cativos e rezan unha oración. Logo, traennos ás mans dos sacredotes que os poñen xunta a imaxe da Virxe. Namentres cantamos cumpren co rito de pasar por debaixo da Virxe e seren tocados co seu manto.
Ao finalizar, na casa Mater Misericordiae, teñen un pequeno ágape preparado para os nenos.