Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

CARITAS INTERPARROQUIAL. BALANCE

Sábado, 16 de enero de 2021
Presentamos o balance económico da Cáritas interparroquial
 Rematou o 2020. É tempo de facer balance. Non so das contas de xestión da nosa Cáritas interparroquial, senón tamén por en perspectiva de futuro a nosa acción.
Primeiro, antes de nada, quero manifestar o agradecemento aos voluntarios e voluntarias. Nestes meses tan complexos, aínda que se paralizaron moitas das accións, estiveron ben atentos ás necesidades. Estamos a punto de dar un xiro na reflexión e la acción. Graciñas as que levan tempo na brecha, a aos que se está a incorporar e os que no futuro poidan formar esta comunidade de caridade.
 
Grazas ás parroquias de Franqueira, Prado e Lamosa pola entrega.
 
Dar as grazas aos donantes. Moi xenerosos e entregados. Sen eles non será tampouco posible. Aos que mercades o mel, aos que visitades o noso mercadiño ou os que deixades a vosa doazón.
 
Aos que traedes roupa e calzado, ou outros enseres para o proxecto textil. Xa temos un contenedor no adro do santuario. Queremos apuntar que é convinte traer a roupa en bolsas pequenas. A roupa ou enseres que están sen estrear sería bo entrahlos aparte. Graciñas.
 
Grazas a todos isto fomos quen de dar un respiro nestes tempos tan difíciles a 29 familias, composta por 80 persoas, que son 49 adultos e 31 menores.
 
O noso futuro está cheíño de esperanza, de novos camiños e de ganas de levar adiante o labor.

2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego