Nos últimos días finalizamos a campaña de nadal e outras actividades como o uso da Casa Mater Misericordiae
CASA MATER MISERICORDIAE
Neste nadal xa temos comezado a utilizar a Casa Mater Misericordiae, un fogar para a acollida, a escoita, atención dos que se achegan a solicitar os nosos servizos e as reunións do grupo de Cáritas interparroquial. Despois de darll eunha man de pintura e uns pequenos arranxos, aínda que queda moito por facer, xa é moi acolledora. Dispón na primeira planta de sa de espera, despacho e almacén. Desde que comezou a súa actividade estamos moi ilusionados cos noso proxectos.
No baixo da casa está o salón que se utiliza para reunións, catequese e ensaio do coro.
VENTA DE MEL Para lograr financiarnos no labor que realizamos estamos a vender un exquisito mel elaborado polas abellas da montaña. Grazas a D. Inocencio temos todas as garnatías de saúde necesarias para a súa comercialización. Un bo xeito de axudar en Cáritas.
CAMPAÑA DE NADAL un éxito máis logrado grazas a colaboración de tantas persoas que colaboran connosco. Unha boa partida de alimentos que doaron os fieis das parroquias para facer a entrega deste Nadal ás 24 familias da comarca coas que estamos a traballar. Temos tamén que agradecer a doazón de bacalao realizada pola empresa Outón. Moitas grazas.
ATENCIÓN PERSOAL Un dos traballos que se realizan son as entrevistas aos beneficiarios da nosa cáritas. Entrevistándoos persoalmente, coa presenza profesional da traballadora social de Ca´rias Diocesana Silvia, logramos encauzar moito mellor o coñecemento das problemáticas, e, saber como acompañar na saída ás súas sitiacións.
NOVAS IDEAS. Iremos fraguando un plan de acción para este ano xubilar da Misericordia de xeito que fagamos máis persente, a través das obras da misericordia, o amor entrañable do noso Deus.